Seguidores
6 de diciembre de 2014
Unha muller de PREMIO NOBEL
Ola a todos!
Hoxe toca un pouquiño de literatura, nesta vez da man de WISLAWA SZYMBORSKA, tradución de Estíbaliz Espinosa:
Eu, adolescente?
Se de súpeto, aquí, agora, chantase ante min,
tería que saudala como a unha persoa próxima,
malia ser ela para min estraña e afastada?
Botar unha bágoa, bicala na fronte
polo simple feito
de termos a mesma data de nacemento?
Haivos tantas diferenzas entre nós
que probablemente só os ósos son os mesmos, a bóveda do cranio, as concas dos ollos.
Porque xa os seus ollos son como un pouco máis grandes,
as súas pestanas máis longas, a súa estatura maior
e todo o corpo recuberto dunha pel
cinguida e tersa, sen defectos.
Únennos, abofé, familiares e coñecidos
pero case todos están vivos no seu mundo,
e no meu practicamente ninguén
dese círculo común.
Somos tan diferentes,
pensamos e dicimos cousas tan distintas.
Ela sabe puco,
pero cunha obscinación digna de mellores causas.
Eu sei mouto máis,
pero, en troques, sen seguridade ningunha.
Amósame uns poemas
escritos cunha letra coidada, clara,
que non teño xa dende hai ben tempo.
Leo e leo eses poemas.
Seica este de aquí,
se o acurtáramos,
e o corrixíramos nun par de sitios.
O resto non agoira nada bo.
A conversa non flúe.
No seu pobre reloxo
o tempo é barato e impreciso.
No meu moito máis caro e exacto.
Ao despedírmonos, nada, unha especi de sorriso
e emoción, ningunha.
Só cando desaparece
e esquece coas présas a bufanda.
Unha bufanda de pura la virxe,
a raias de cores,
feita a ganchillo
pola nosa nai para ela.
Aínda a conservo,
----
Neste poema a autora imaxina unha situación na cal se encontra co seu eu da adolescencia, todo é distinto, o único igual os ósos, que son permanentes, e unha bufanda, que di que a fixo para o seu eu adolescente, xa que a súa nai non vive.
O poema quero dedicarllo a unha persona moi especial para min, que vivirá sempre no meu corazón :)
Até a próxima, feliz día a todos!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)